Asociación
Cultural
de Prada


Á

DELEGACIÓN PROVINCIAL

DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

DE OURENSE



D. Daniel López Vispo, con DNI 33.814.023K, maior de idade,

e con enderezo, a efectos de notificación, en

Avda das Fontiñas, 180-Entrechán 27003 LUGO

Tfnos: 982.240.299 / 619.808.662

Correo electrónico: adegalugo@adega.info

actuando en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) en condición de persona interesada (dacordo co disposto no artigo 2 do Real Decreto Lexislativo 1/2008, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación Ambiental de proxectos), en relación á AUTORIZACIÓN que a acontinuación se identifica:

AUTORIZACIÓN DE APROVEITAMENTO. SECCION A

EXPLOTACIÓN: RIOMAO nº 368

TITULAR: GESCONSA 2000, Obras y Gestión Inmobiliaria, S.L. CIF nº B-24514648

SUSTANCIA EXPLOTADA: Cuarcitas Ornamentais

outorgada por esa Delegación Provincial con data do 3 de Novembro do 2006,


EXPÓN

Primeiro: Que no Regulamento Xeral para a Ordenación da Minaría, aprobado a través do Real Decreto 2857/1978, disponse que

A Delegación Provincial, previa identificación do terreo e comprobación da titularidade, para o que solicitará informe da Avogacía do Estado da provincia se o considera preciso, outorgará, unha vez clasificado o recurso mineral existente, a autorización de explotación na que se fará constar:

[…]

e) as condicións que resulten necesarias para a protección do medio ambiente”


Segundo: Que estas condicións necesarias para a protección do medio ambiente veñen determinadas, -no momento de outorgarse a antedita autorización de explotación-, polo procedemento de avaliación ambiental, regulado no ámbito do Estado (como normativa básica e de aplicación supletoria) polo Real Decreto Ley 1302/1986, de Avaliación de Impacto Ambiental de Galicia (e correspondente Regulamento, aprobado polo Real Decreto 1131/1988), e regulado no ámbito da comunidade Autónoma de Galicia polos Decretos, -segundo corresponda-, 442/1990, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia, ou o 327/1991, de Avaliación de Efectos Ambientais para Galicia.


Terceiro: Que o citado Real Decreto 1302/1986, modificado pola Lei 6/2001, dispón no seu artigo 1:

1. Os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo I do presente Rela Decreto lexislativo deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición.”

E neste anexo I do Decreto 1302/1986, no seu grupo 2, referido á Industria extractiva, figuran incluídas entre as que necesitan ser sometidas ao trámite de avaliación de impacto ambiental:

a) as explotacións e frontes dunha mesma autorización ou concesión a ceo aberto de xacementos minerais das seccións A, B, C e D cuxo aproveitamento está regulado pola Lei de Minas e normativa complementaria cando se dean algunhas das circunstancias seguintes:

[...]

5ª. Explotacións visíbeis dende autopistas, autovías, estradas nacionais e comarcais ou núcleos urbanos superiores a 1000 habitantes ou situadas a distancias inferiores a 2 quilómetros de tais núcleos.”

necesitan ser sometidas ao procedemento de avaliación de Impacto Ambiental


Cuarto: Que, como xa dixemos no apartado anterior, o Real Decreto 1302/1986, de Avaliación de Impacto Ambiental, tén carácter de lexislación básica, tal e como se dispón na súa disposición final terceira, introducida a través da antedita Lei 6/2001, de modificación do Real Decreto 1302/1986:

Terceira: Este Real Decreto tén carácter de lexislación básica sobre protección do medio ambiente, de acordo co establecido no artigo 149.1.23ª da Constitución”,

polo tanto, as súas disposicións son tamén de aplicación obrigatoria en Galiza sen que poda a lexislación autonómica rebaixar o seu nivel de protección ambiental.


Quinto: Que esta explotación de recursos da Sección A RIOMAO nº 368, autorizada por Resolución desa Delegación Provincial con data do 3 de Novembro do 2006, linda (e, polo tanto, é evidentemente visible dende ela) coa estrada comarcal de titularidade autonómica OU-121, de O Barco de Valdeorras a Prada, ata o punto de que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes lle impón as condición de que “se tomarán todas as precaucións posibles para evitar desprendementos sobre a estrada”, así como a sinalización “do treito de estrada que poda resultar afectado coa seguinte sinalización de obras en ambos sentidos:

“Perigo por Obras (TP-18),

“Perigo por desprendementos (TP-26),

“Limitación de velocidade a 40 km/h (TR-301),

“Panel avisador de “precaucion tránsito de maquinaria pesada”;

“Fin de prohibicións (TR-500)”

Sen embargo, a pesares disto, a citada explotación Riomao nº 368 foi sometida, -mediante Resolución do 14 de Setembro de 2005 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas publicada no DOG do 3/10/2005, non ao trámite de avaliación de impacto ambiental do Real Decreto Lexislativo 1302/1986 e Decreto 442/1990, senón ao trámite de avaliación de efectos ambientais do Decreto 327/1991 previsto para

todos os proxectos públicos, públicos ou privados, de execución de obras, instalacións ou calquera outra actividade prevista nas diferentes lexislación sectoriais, tanto da Comunidade Autónoma de Galicia como do Estado que precisen ou prevexan a necesidade de realización dun estudo ambiental e non estean abranguidos no anexo do Decreto 442/1990 así como as modificacións ou ampliación de proxectos que figuren no anexo do Decreto 442/1990 e o proxecto inicial das cales fose obxecto de declaración.” (Decreto 327/1991. Artigo 1).

Como xa se ve por este artigo, trátase dun procedemento de avaliación ambiental de menores esixencias que o de avaliación de impacto ambiental. Este menor nivel de protección ambiental ponse de manifesto igualmente nas menores esixencias da documentación requirida (descrición do proxecto, Estudo de Efectos Ambientais, etc) como tamén nos prazos de exposición pública: mentres o Decreto 442/1990, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia, dispón unha exposición pública durante un prazo de 30 días (Decreto 442/1990. Artigo 5.2), o Decreto 327/1991, de Avaliación de Efectos Ambientais para Galiza, só esixe unha exposición pública durante un prazo de 15 días naturais.


Sexto: A tramitación da avaliación ambiental por un procedemento de avaliación de efectos ambientais de menores esixencias que o de avaliación de impacto ambiental vén a supoñer un menor nivel de protección do medio ambiente afectado que, polo que vimos de expoñer, resulta legalmente inaceptable: téñase en conta que para calquera persoa que puidera sentirse directamente afectada ou para calquera asociación que, como a que eu represento, estea interesada na protección ambiental, xa o mesmo anuncio da exposición pública induce a pensar nunha actividade de impactos ambientais menos relevantes, o que implica unha clara indefensión en relación aos dereitos que en material de protección ambiental recoñece a lexislación vixente, empezando pola mesma Constitución.


Séptimo: Que, de todo o exposto, hai que concluir que a explotación Riomao nº 368 ten sido autorizada sen contar coa preceptiva avaliación de impacto ambiental previa (co resultado de indefensión en relación aos dereitos de protección ambiental recoñecidos na lexislación vixente), o que constitúe motivo de nulidade de pleno dereito do artigo 62 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común:

1.- Os actos das Administracións Públicas son nulos de pleno dereito nos casos seguintes:

  1. os que lesionen dereitos e liberdades susceptibles de amparo constitucional;

[...]

e) Os ditados prescindindo total ou absolutamente do procedemento legalmente establecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados

Polo exposto, desa Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria

SOLICITO

Que, en atención a todo o que arriba deixamos manifestado, se proceda por parte desa Delegación Provincial ao inicio do procedente expediente de revisión da antedita autorización para a declaración da súa nulidade e a adopción inmediata da súa suspensión entretanto se leva a cabo tal revisión.


En Prada, a 12 de febreiro.