ESTATUTOS DA “ASOCIACIÓN CULTURAL  DE PRADA “.

 

 

 

TITULO I

Disposicións Xerais

Capítulo I

Denominación, finalidade, enderezo e ámbito territorial da actuación

 

Artigo 1 Denominación.- 1.- Ao amparo do disposto no  artigo 22 da Constitución Española e con arranxo á Lei  Orgánica 1/2002, do 22 de marzo reguladora do dereito de Asociacións e normas complementarias, constitúese, por tempo indefinido, a asociación sen ánimo de lucro, denominada “ ASOCIACIÓN CULTURAL DE PRADA”.

 

2.- A Asociación gozará de personalidade xurídica propia e distinta da  dos  seus asociados e o seu réxime  rexerase polo establecido na Lei  Orgánica 1/2002, do 22 de marzo reguladora do dereito de Asociacións e normas complementarias, polos presentes Estatutos e os seus regulamentos e polas demais normas e acordos que son validamente adoptados pola súa Asemblea Xeral e órganos directivos dentro da esfera da súa respectiva competencia.

 

 

Artigo 2.- Finalidade.- 1.- A presente Asociación ten como finalidade principal, posibilitar a recuperación, mantemento e fomento da vida, costumes, tradicións e cultura da aldea de Prada no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

. 

Así mesmo, tamén son fins da Asociación Cultural da aldea de Prada:

 

 

2.- A asociación actuará sempre procurando a  súa independencia respecto de partidos políticos, poderes públicos e entidades privadas, aínda cando poida colaborar con eles para a consecución do seus obxetivos.

 

 

 

Artigo 3.-. Actividades.- Para o cumprimento destes fins a asociación realizará as seguintes actividades:

 

 

Os posibles beneficios obtidos pola asociación, derivado do exercicio de atividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, deberán destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos obxetivos mencionados, sen que se  poida  en ningún caso o seu reparto entre os asociados ni entre seus cónxuxes ou persoas que convivan con aqueles con análoga relación de afectividade, ni entre seus parentes, nin a  súa cesión gratuíta a persoas físicas o xurídicas con interese lucrativo.

 

 

 

Artigo 4.- Domicilio.-  1.- O enderezo principal e permanente da ASOCIACIÓN CULTURAL  DE PRADA,   fixase  na localidade de Prada nº 43 (32367)  – A VEIGA- Ourense .

El domicilio social para efectos de comunicaciones y notificaciones se fija en Pz Otero Pedrayo, nº 13 (32315) Villoria, Barco de Valdeorras, Ourense.

 

 

2.- A apertura de novos locais  someterase ao procedemento establecido no Título VII destes Estatutos.

 

3.- Calquera modificación deste domicilio social deberá ser acordada pola Asemblea Xeral e será comunicada nun prazo de dez días ao Rexistro de Asociacións, de forma regulamentaria.

 

Artigo 5.- Ámbito de actuación.- 1.- A Asociación terá como ámbito territorial de actuación  a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

2.- Con independencia do disposto no apartado anterior a Asociación poderá participar no ámbito nacional mediante o ingreso en federacións e confederacións de asociacións que persigan idénticos fins. O ingreso en federacións de asociacións efectuarase con acordo ao disposto no  artigo 13.2 dos Estatutos. Do mesmo modo, poderá participar en programas de estudo e presentación de axudas e subvencións en colaboración con outras Asociacións e Centros doutro ámbito xeográfico.

 

Artigo 6.- Órganos diretivos.- Os órganos diretivos da Asociación son a Asemblea Xeneral e a Xunta Diretiva.

 

TITULO II

Dos Asociados

 

Capítulo I

Adquisición e perda da condición de asociados

 

Artigo 7.- Adquisición da condición de asociado.- 1.- Poderán ser asociados  todas aquelas persoas físicas y xurídicas con capacidade de obrar que teñan intereses comúns aos establecidos nos presentes estatutos.

 

2.- A condición de socio  obterase mediante o cumprimento das normas establecidas polos Estatutos da Asociación.

 

Artigo 8.- Perdida da condición de asociado.-A condición de asociado pérdese por:

 

a)     A vontade libremente expresada polo asociado nun escrito dirixido á  Xunta Directiva. A Xunta Directiva, cando reciba a petición de baixa dun asociado, acordará a súa inscrición no Libro de  Rexistro de Asociados.

 

b)     Por sanción disciplinaria adoptada conforme ao procedemento establecido no Título VII.

 

c)      Por impago dunha cota de socio ou de calquera outra obriga económica coa que teña que contribuír para a consecución dos fins da Asociación e que previamente fora  aprobada pola Asemblea. Neste caso  poderase recuperar a condición de socio, sempre que se reintegren as cantidades que se pagaron no lugar e previa aprobación pola Asemblea que valorará as circunstancias e antecedentes do socio que deixou de ingresar as cantidades correspondentes.

 

d)     Por falecemento.

 

Capítulo II

Dos dereitos e deberes dos asociados

 

Artigo 9º.- Dos dereitos dos asociados.- Son dereitos dos asociados:

 

a)     Participar en cantas actividades organice a Asociación.

 

b)     Expresar libremente os seus pensamentos e ideas nos debates da Asemblea Xeral.

 

c)      Votar as propostas que se sometan á Asemblea Xeral.

 

d)     Elixir e ser elixido, na forma establecida no artigo 18 destes Estatutos, aos membros da Xunta Directiva.

 

Cada socio ten o dereito a un só voto.

 

Articulo 10.-  Dos  deberes dos asociados: Son deberes dos asociados:

 

a)     Respetar os presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos directivos da Asociación.

 

b)     Asistir ás Asembleas Xerais e a cantos actos e concentracións sexan convocados pola Asociación.

 

c)      Estar ao corrente no pago das cotas e pagos que se establezan.

 

As cantidades a pagar serán as establecidas pola Xunta Directiva.

 

 

 

 

 

 

TITULO III

Da Asemblea Xeneral

 

Artigo 11.-  Concepto.- A Asemblea Xeral é o Órgano supremo da Asociación, estará integrada por todos os asociados e os acordos  adoptaranse democraticamente.

 

Artigo 12.- Convocatoria.- 1.- A Asemblea Xeral poderá ser convocada en sesións ordinarias e extraordinarias.

 

2.- A Asemblea Xeral Ordinaria  reunirase sempre dentro dos tres meses estivais de cada ano co fin de censurar a xestión social, aprobar no seu caso as contas e resolver sobre a aplicación do resultado do exercicio anterior, sen prexuízo de tratar ademais calquera outro asunto que se indique na orden do día, sen prexuízo do establecido no artigo 14.

 

3.- A Asemblea Xeral Extraordinaria será convocada por acordo da Xunta Directiva cantas veces o xulgue necesario. En todo caso a Xunta Directiva estará obrigada a convocar Asemblea Xeral Extraordinaria cando así o soliciten un número igual ou superior a un tercio do total existente no momento da solicitude da convocatoria.

 

3.- Toda convocatoria, tanto de sesións ordinarias como extraordinarias, deberá producirse mediante comunicación pública, mediante os medios que estime a Xunta Directiva, polo menos con quince días de antelación, con expresa mención ao lugar, día e hora de celebración en primeira e segunda convocatoria, así como o orden do día dos asuntos a tratar. No obstante, en casos especiais, o/a Presidente/a poderá reducir dito prazo a cinco días, xustificando a causa de tal determinación.

 

            No obstante o anterior, poderán celebrarse Asembleas Xerais Universais, sen necesidade de convocatoria previa, sempre que estean presentes todos os socios e de acordo sobre os asuntos do orden do día a tratar.

 

 

4.- A documentación sobre as cuestiones que foran a proporse á Asemblea Xeral para a súa deliberación e correspondentes acordos, deberá estar  a disposición dos socios na sede social cunha antelación de dez días como mínimo.

 

5.- Cando xurdan razóns de especial urxencia, poderán tratarse na Asemblea Xeral asuntos ou propostas que presenten  á Xunta Diretiva hasta corenta oito  horas antes da data da sesión, sempre que o aprobe a maioría absoluta dos membros da Asemblea Xeral.

 

Artigo 13.- Constitución e celebración da Asemblea Xeral.-  1.- A Asemblea Xeral, en sesións tanto ordinarias como extraordinarias,  considerarase validamente constituída, en primeira convocatoria, cando concorran, presente o representados, ao menos a metade máis un dos asociados e, en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados presentes ou representados, unha vez transcorridas vintecatro horas desde a fixada para o comezo da sesión en primeira convocatoria o a establecida para a segunda convocatoria no anuncio.

 

2.- A Asemblea Xeral será presidida e moderada por unha mesa constituída por o/a Presidente/a, o/a Secretario/a da Xunta Directiva. Cando por calquera motivo non sexa posible constituír a mesa na forma establecida   formarase antes co membro de máis idade e o máis novo dos asociados presentes na reunión.  Neste caso o primeiro fará as funcións de Presidente e o segundo as de Secretario. O Secretario levantará acta da Asemblea, que firmarán todos os compoñentes da mesa.

 

3.- As reunións da Asemblea Xeral darán comezo coa lectura por o/a Secretario/a da acta da reunión anterior. Posteriormente tomará a palabra o Presidente que someterá dita acta a votación pola Asemblea. Seguidamente o/a Presidente/a exporá e desenvolvera o resto dos puntos da orde do día, someténdoos á consideración e voto da Asemblea.

 

Artigo 14.- Acordos.- 1.- Os acordos da Asemblea Xeral serán adoptados polo voto favorable da maioría simple dos asociados presentes.

 

2.-  Exceptúanse do anterior a constitución dunha Federación de Asociacións de utilidade pública o a integración nela, modificación dos Estatutos, disolución da Asociación, cese disciplinario de asociados, para os cales será preciso o voto favorable do  menos dous tercios dos asociados.

 

3.-  Os acordos da Asemblea Xeral poderán ser impugnados ante a Xurisdicción competente.

 

Artigo 15.- Competencias da Asemblea Xeral Ordinaria.- 1.- Serán competencias da Asemblea Xeral, que con carácter ordinario haberá de celebrarse nos meses estivais de cada ano, as seguintes:

 

a)     O exame e aprobación das contas do exercicio anterior, así como a proposta de aplicación do resultado obtido.

b)     A aprobación do presuposto para o ano seguinte.

c)      O exame e aprobación da xestión para o exercicio seguinte.

 

Artigo 16.-  Competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

 

a)     A modificación de Estatutos.

 

b)     A interpretación dos Estatutos.

 

c)      A elección e cese dos membros da Xunta Directiva.

 

d)     A solicitude de declaración de utilidade pública.

 

e)     A constitución ou integración da Asociación en Federacións de Asociacións.

 

f)        A expulsión de asociados, sen prexuízo das competencias que para a instrucción do expediente disciplinario correspondan á Xunta Directiva.

 

g)     A disolución da Asociación.

 

h)      O nomeamento de administradores e representantes.

 

i)        A aprobación da enaxenación de bens.

 

l)A adquisición ou enaxenación de bens  cuxo valor supere os cento vinte mil euros.

 

m) A ratificación dos acordos que se adopten polas Federacións de Asociacións nas que este integrada a Asociación.

 

n)A aceptación de doazóns cuxo importe supere os seis mil euros.

 

ñ)A aprobación de custos e outros actos encamiñados a obter fondos.

 

o)Coñecer os recursos que se interpoñan contra os acordos adoptados pola Xunta Directiva, na forma establecida no Título V.

 

p)Calquera outras que propoña a Xunta Directiva na orde do día.

 

TITULO IV

Da Xunta Diretiva

 

Artigo 17.- Concepto.- A Xunta Directiva é o órgano rector da Asociación. A súa situación estará supeditada á Lei, os presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral. A Xunta Directiva terá un mandato de cinco años e os seus membros serán elixidos pola Asemblea Xeral Extraordinaria de acordo co establecido no artigo 18.

 

Artigo 18.- Da composición da Xunta Directiva.- A Xunta Directiva estará composta por un/unha Presidente/a, que o será tamén da Asociación, por un/unha Secretario/a e por un/unha Tesoureiro/a. Os membros da Xunta Directiva deberán gozar da condición de asociados e estar ao corrente no pago das cotas. Non poderán ser membros da Xunta Directiva aqueles que foran sancionados pola comisión de faltas moi graves ou graves hasta tanto no se encontren rehabilitados.

 

Artigo 19.- Da elección dos membros da Xunta Directiva.- 1.- Con excepción da Xunta Directiva que se elixa ao constituírse a Asociación, os membros da Xunta Directiva serán  elixidos pola Asemblea Xeral, convocada, en sesión extraordinaria, pola Xunta Directiva saínte ou por  ao menos 1/3 dos socios con, ao menos, tres meses de antelación á expiración do seu mandato. No mesmo acordo por o que se convoque á Asemblea Xeral a xunta Directiva declarará constituída a comisión electoral, que estará integrada por o asociado máis novo, por o de maior idade, e por o máis vello e que terá como función velar pola limpeza das eleccións e resolver cantas cuestións lle sexan prantexadas.

 

2.- Dentro dos dez días hábiles seguintes á resolución na que se acorde convocar a Asemblea Xeral Extraordinaria os asociados que reúnan os requisitos establecidos no artigo anterior poderán presentarse como candidatos. As candidaturas estarán integradas por ao menos catro asociados. As candidaturas  presentaranse por escrito ante a Xunta directiva e conterán o nome e apelidos dos candidatos e o posto para o que se presenta. Os asociados só poderán figurar  nunha candidatura.

 

3.- Dentro dos tres días seguintes á finalización do prazo indicado no apartado anterior, a Xunta Directiva declarará cerrado o período de presentación de candidaturas e acordará publicar no taboleiro de anuncios da Asociación as que se presentaran para que, quen tivera interese nelo, no termo de cincos días alegue o que estime conveniente sobre a idoneidade dos candidatos. As alegacións só poderán fundarse no incumprimento polos candidatos dos requisitos establecidos no artigo anterior. Transcorrido dito prazo  resolveranse pola Xunta Directiva, no dous días seguintes e sen posterior(ulterior) recurso, cantas alegacións se formularan. Cando non se presenten alegacións ou as presentadas sexan desestimadas a Xunta Directiva aprobará as candidaturas e declarará aberta a campaña electoral que se estenderá ata o día anterior ao da celebración da sesión extraordinaria da Asemblea Xeral. Durante a campaña electoral os candidatos poderán expor e difundir os seus programas de xestión entre os asociados. Se se admitira algunha ou algunhas das alegacións presentadas a Xunta Directiva acordará apartar das eleccións aos candidatos afectados sustituíndos polos que aparezan como suplentes na candidatura por  aqueles que se presente e  na orde en  que estes se encontren e mandará publicar no taboleiro de anuncios a nova candidatura. Aos candidatos afectados pola resolución  notificaráselles a mesma persoalmente e poderán recurila, no prazo de dous días seguintes a súa notificación, ante a comisión electoral que resolverá dentro dos dous días seguintes á interposición do recurso. A interposición deste recurso deixará en suspenso o acordo da Xunta Directiva.

 

4.- Se  transcorrido o período ao que se refire o apartado 2 deste artigo non se  presentou ningunha candidatura, a Xunta Diretiva acordará a apertura dun novo período de dez días, finalizado  seguiranse  os trámites establecidos no apartado anterior. Se neste segundo período tampouco se presentara candidatura algunha  prorrogarase o mandato da Xunta Directiva por seis meses, esgotados estes  convocaranse eleccións de acordo co  establecido nos parágrafos anteriores. Se tampouco nesta segunda convocatoria se presentaran candidaturas  convocarase á Asemblea Xeral Extraordinaria e poderán ser elixidos todos os asociados. A Xunta Directiva  formarase polos cinco asociados máis votados. Destes será elixido Presidente o que obtivera máis votos e será este quen designe, entre os outros catro máis votados, ao/a Secretario/a e ao/a Tesoureiro/a. En caso de empate será Presidente o de  maior idade.

 

5.- O día da celebración da Asemblea Xeral a Xunta Directiva proporcionará aos asociados que concorran papeletas nas que figuren as distintas candidaturas que se presenten ás eleccións. As papeletas  depositaranse nunha urna. O voto será secreto e cada asociado so poderá votar unha candidatura. Finalizada a elección farase reconto das papeletas e proclamarase a candidatura vencedora, facendo  constar na acta que levante o/a Secretario/a o número de votos obtidos por cada unha das candidaturas que se presentou ás eleccións. A acta será firmada por todos os que formen a mesa con arranxo ao disposto no artigo 12 destes Estatutos.

 

6.- As vacantes que se produzan na Xunta Directiva durante o seu mandato serán cubertas polos suplentes da candidatura que  obtivera maior número de votos e por o orde no que  aparezan. Cando se dean as circunstancias previstas no apartado 4 deste artigo,  consideraranse suplentes aos tres asociados que sigan no número de votos ao último Vocal elixido.

 

7.- Cando, pese ao disposto no apartado anterior, a Xunta Directiva quede con menos de dous membros, convocarase eleccións con arranxo ao disposto neste artigo.

 

Artigo 20.-  Da forma de adoptar os acordos.- A Xunta Directiva adoptará os seus acordos por o voto favorable da maioría simple dos seus membros.

 

            En canto à  facultade de disposición de calquera índole como as que se sinala no art. 20. ñ)  será preciso a actuación conxunta de dous membros da  Xunta Diretiva de entre os seguintes cargos: Presidente/a,  Secretario/a y Tesoureiro/a.

           

 

Artigo 21.- Das competencias da Xunta Directiva.- Son competencias da Xunta Directiva:

 

a)       Dirixir as actuacións da Asociación e executar os acordos da Asemblea Xeral.

 

b)     Elaborar e someter á Asemblea Xeral a memoria de contas e xestión.

 

c)      Elaborar e cometer à Asemblea Xeral os presupostos anuais da Asociación.

 

d)     Cubrir as vacantes que se produzan entre os seus membros na forma establecida no artigo 18.6 dos presentes Estatutos.

 

e)     Coñecer o ingreso de novos asociados.

 

f)        Convocar á Asemblea Xeral en sesións tanto ordinarias como extraordinarias nos termos establecidos no artigo 11.

 

g)     Elaborar a orden do día das reunións da Asemblea Xeral.

 

h)      Convocar eleccións á Xunta Directiva nos termos establecidos no artigo 18.

 

i)        Representar á Asociación ante as distintas Administracións públicas, xa sexan estatais, autonómicas e/o locais.

 

l)Crear comisiones e grupos de traballo.

 

m)Resolver os procedementos disciplinarios que se incoen.

 

n)Na figura do seu presidente ou vicepresidente, terá a capacidade legal necesaria para contratar e/o despedir ao persoal que sexa necesario para a Asociación.

 

ñ)Administrar e dirixir no seu máis amplo sentido os recursos da Asociación conforme ao establecido no artigo 19 paragrafo segundo. A título simplemente enunciativo e non limitativo é competencia:

 

1) Dirixir a organización administrativa da Asociación. 2) Contraer, anovar e extinguir toda clase de obrigas e contratos sen limitación.3) Realizar todo tipo de actos de rigoroso dominio, estean ou non tipificados pola lexislación hipotecaria, incluso no relativo á adquisición, enaxenación e gravame de dominio, comprendido ou de inmobles se os houbera, e a constitución de garantías reais ou persoais, incluídas as hipotecas, condicións resolutorias e afianzamentos e avais incluso a favor de terceiros alleos á compañía, como parte activa ou pasiva, con renuncia cando proceda aos beneficios propios de cada figura.4) Concluír todos os actos e contratos que observa o Código de Comercio e mercantil en xeneral; especialmente levar a cabo todas as operacións propias da actividade bancaria, obtendo en particular das entidades de crédito e financiamento calquera préstamos e créditos, con garantía persoal e real; dispor dos fondos da sociedade calquera que sexa a forma baixo a que se encontren depositados en entidades de crédito. 5) Representar á Asociación en todas as relacións de Dereito Administrativo que inicie con calquera Administración pública, territoriais ou institucionais, e en particular concorrer a todo tipo de poxa,concursos, concursos-poxa, contratacións ou adxudicacións directas ou libres e licitacións en xeneral.6) Comparecer e estar en xuízo, actuando en toda clase de feitos, e actos e negocios xurídicos prexudiciais ou procesais, exercitando, desistindo, extinguindo ou esgotando dereitos, accións, excepcións ou recursos, ordinarios ou extraordinarios incluso o de amparo, ante todos os órganos xurisdiccionais, con todas as facultades necesarias, incluso transixir toda clase de asuntos e diferencias, baixo as condicións, pactos e obrigas que considere oportunos; absolver posicións, prestar confesión en xuízo, instar e contestar requirimentos notariais e xudiciais, e interpor querelas; conferindo a representación social, cando os requisitos de postulación procesal o esixan, a procuradores e letrados.7) Conferir poderes, xenerais ou especiais, e revocalos.

 

j)        Aquelas que non veñan expresamente atribuídas á Asemblea Xeral.

 

Artigo 22.- Das funciones do Presidente.- 1.- O/a Presidente/a da Xunta Directiva será tamén o da Asociación. Ostentará a representación legal da mesma, actuando no seu nome, e executará os acordos que adopten tanto a Asemblea Xeral como a Xunta Directiva. O/a Presidente/a participará nas reunións da Asemblea Xeral na forma e coas competencias que lle atribúe o artigo 12 dos Estatutos. Tamén participará, presidíndoas, con voz e voto, nas reunións da Xunta Directiva.  Atribúense ao Presidente todas aquelas funcións que non veñan expresamente atribuídas neste Título a outro membro da Xunta Directiva. No obstante , O/a Presidente/a poderá delegar todas ou algunhas das súas funcións noutros membros da Xunta Directiva.

 

2.- Cando o/a Presidente/a se atope impedido para desempeñar as súas funcións, será suplido polo Secretario.

 

Artigo 23.- Das Funcións do/a Secretario/a .- 1.- O/a Secretario/a, que asistirá ás reunións da Xunta Directiva con voz e voto, terá como funcións:

 

a)     Levantar acta das reunións da Xunta Directiva.

 

b)     Levantar acta das reunións, tanto en sesións ordinarias como extraordinarias, da Asemblea Xeral e emitir as correspondentes certificacións dos acordos adoptados, sempre co visto e prace do  Presidente.

 

c)      Custodiar a documentación da Asociación.

 

d)     Levar o  libro de  Rexistro de Asociados e o ficheiro de asociados nos que constarán os  seus nomes, apelidos, profesión e domicilio, con especificación de aqueles que exerzan na Asociación cargos de administración, goberno ou representación. O libro de rexistro de Asociados expresará tamén as datas das altas e baixas e as tomas de posesión e cese nos referidos cargos.

 

e)      Levar o Libro de Rexistro de Sancións no que se consignarán o nome, apelidos e cargo de administración, goberno ou representación, se o ostentara, dos asociados que foron sancionados e a sanción que lles impuxo, facendo constar a data de incoación do expediente sancionador e resolución firme por a que se lles impuxo. Así mesmo, o/a Secretario/a, transcorridos os prazos aos que se refire o artigo 41 porá xunto aos datos anteriores a expresión “cancelada”, firmando a continuación.

 

f)        Levar os Libros de Actas. Nos Libros de Actas o/a Secretario/a consignará as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, poñendo a fecha, os asistentes ás mesmas, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán subscritas polas persoas ás que se refiren estes Estatutos e, en todo caso, polo Presidente e o Secretario, salvo o disposto no artigo 12.2 As actas das reunións da Xunta Directiva serán subscritas por todos os membros presentes.

 

g)     Certificar e remitir aos asociados e aos organismos competentes que os soliciten, copia das actas das reunións e dos acordos nelas adoptados pola Asemblea Xeral ou pola Xunta Directiva.

 

h)      Remitir à Administración competente a documentación legalmente esixida.

 

i)        Elaborar a memoria anual de xestión que, previa aprobación da Xunta Directiva, haberá de ser sometida à Asemblea Xeral Ordinaria.

 

l)Exercer as funciones de Presidente en ausencia deste.

 

 

2.- Cando o/a Secretario/a este impedido para desempeñar as  súas funcións nomearase un que o substitúa.

 

Artigo 24.- Das funcións do Tesoureiro/a.-  O/a Tesoureiro/a, que asistirá ás reunións da Xunta Directiva con voz e voto, terá encomendada a xestión económica da Asociación con escrupuloso respecto aos presupostos anuais aprobados pola Asemblea Xeral. Será o encargado de custodiar os fondos da Asociación, recadar as cotas, ordenar os pagos que aprobe a Xunta Directiva, formalizará e proporá a esta os informes sobre o estado anual de contas e presuposto anual para o seu sometemento e aprobación pola Asemblea Xeral. Así mesmo, será da súa competencia levar os libros de contabilidade na forma que estableza a lexislación vixente.

 

Artigo 25.-  Das funcións dos vocais.- Os vocais, que asistirán ás reunións da Xunta Directiva con voz e voto, terán as funcións que  determinen a Xunta Directiva.

 

Artigo 26.- Das reunións da Xunta Directiva.- A Xunta Directiva reunirase  sempre que o solicite o/a Presidente/a ou a instancia do/a Secretario/a. En calquera caso, a Xunta Directiva  reunirase como mínimo unha vez ao ano.

 

 

Artigo 27.- Do cesamento dos membros da Xunta Directiva.- Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica, renuncia voluntaria, transcurso do prazo para o que foron elixidos e acordo adoptado polos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto.

 

TITULO V

Procedemento de impugnación de acordos da Xunta Directiva ante a Asemblea Xeneral

 

 

Artigo 28.- Acordos impugnables.- Serán impugnables ante a Asemblea Xeral, reunida en sesión extraordinaria, os acordos adoptados pola Xunta Directiva, coas excepcións seguintes:

 

a)     os acordos adoptados en materia electoral que só serán impugnables na forma establecida no artigo 18.

 

b)     os recollidos nos apartados c, d, e, g, h, i, l, e m do artigo 20.

 

2.- As resolucións e acordos que se adopten, con arranxo ao disposto no apartado I do artigo 20, en procedementos disciplinarios, só serán impugnables ante a Asemblea Xeneral cando así se dispoña no Título VIII.

 

Artigo 29.- Da capacidade para impugnar os acordos.- os acordos aos que se refire o artigo anterior só poderán ser impugnados por quen ostenten a condición de asociados e se atopen ao corrente no pago das cotas e calquera outros pagos que foran aprobados pola Asemblea. Exceptúanse do anterior as resolucións polas que se desestimen as solicitudes de ingreso na Asociación.

 

Artigo 30.- Do procedemento de impugnación de acordos.- 1.- os acordos aos que se refire o artigo 26 serán impugnables, ao traveso do recurso que se establece neste artigo, dentro dos cinco días seguintes a súa adopción.

 

2.- O recurso  formalizarase  por escrito dirixido á Xunta Directiva. O escrito de formalización do recurso  encabezarase cos nomes e apelidos dos recorrentes e contenderá, en parágrafos separados, a referencia ao acordo que se impugna e os motivos da impugnación do acordo. No caso de que se solicite a modificación do acordo  exporase en que  consistira a modificación. Os recorrentes designarán no escrito de formalización un domicilio a efectos de comunicacións.

 

3.- Os recursos deberán estar subscritos por un número igual ou superior ao vinte por cento dos asociados. Exceptúanse do anterior os recursos que se interpoñan para impugnar as resolucións  polas que se desestimen as solicitudes de ingreso na Asociación, para cuxa interposición só será necesario que figure a firma do interesado.

 

4.- Os recursos serán presentados ante o/a Secretario/a da Asociación ou o/a Vocal en quen este delegue. O/a Secretario/a consignará no escrito do recurso a data de presentación e entregará aos recorrentes copia selada do mesmo ou certificación da súa presentación.

 

5.- O/a Secretario/a  trasladara o recurso à Xunta Directiva na primeira reunión ordinaria que celebre trala presentación do recurso. A Xunta Directiva examinará se o recurso se acomoda ás formalidades contidas nos apartados anteriores e nos artigos 26 e 27. Se o recurso se acomodara a ditas formalidades a Xunta Directiva acordará admitilo a trámite e introducirá o seu exame e votación na orde do día da primeira sesión extraordinaria que celebre, trala presentación do recurso, a Asemblea Xeral. Se o recurso carecera de algunha formalidade, non se admitirá o recurso. Estes acordos serán comunicados aos recorrentes por correo certificado no domicilio que designaron no escrito de formalización do recurso.

 

6.- Contra o acordo de non admisión os recorrentes poderán interpor  un recurso ante a Asemblea Xeral con arranxo ao disposto no presente artigo, este recurso será admitido pola Xunta Directiva que introducirá o  seu exame e votación na orde do día da primeira sesión extraordinaria que celebre, trala presentación do recurso, a Asemblea Xeral. Se a Asemblea  Xeral admitira o recurso ao que se refire este apartado, examinará na mesma sesión o recurso non admitido pola Xunta Directiva.

 

7.- Os acordos adoptados pola Xunta Directiva no se suspenderán pola interposición do recurso establecido neste artigo.

 

TITULO VI

Réxime económico da Asociación

 

 

Artigo 31.- Patrimonio fundacional.- A Asociación carece de patrimonio fundacional.

 

Artigo 32.- Recursos económicos.- Os recursos económicos da Asociación estarán integrados:

 

a)     Polas cotas que en cada momento se establezan.

 

b)     Polas subvencións que se reciban de organismos públicos e privados.

 

c)      Polas doazóns e herdanzas que acepte a Asociación.

 

d)     Polas cantidades que se obteñan pola venda de libros, revistas, etc.

 

e)     Polos bens e dereitos que produza o patrimonio da Asociación.

 

Artigo 33.-PRESUPOSTO ANUAL.- O presuposto anual estará composto por todos os recursos producidos pola Asociación obtidos conforme ao artigo anterior.

O peche do exercicio económico coincidirá co ano natural.

 

Artigo 34.- Aplicación do patrimonio social en caso de disolución.- Cando a Asemblea Xeral  acorde a disolución da Asociación  designarase, na mesma sesión, unha comisión liquidatoria formada por tres membros. Esta comisión será a encargada de liquidar o patrimonio da Asociación, adoptando para elo os acordos e realizando os actos necesarios para o pago das débedas que controuxera a Asociación. Se, liquidadas as débedas da Asociación, quedara algún remanente,o patrimonio resultante da liquidación destinaráse a fins que non desvirtúen o carácter non lucrativo da entidade, sen que poidan repartir o patrimonio resultante entre os socios.

 

 

TITULO VII

Infraccións, sanciones y procedemento disciplinario

 

 

Artigo 35.- Infraccións.- 1.- So poderán ser castigadas as infraccións previstas nestes Estatutos. As sanciones que correspondan a cada infracción serán impostas con arranxo ao procedemento que se estableza regulamentariamente.

 

2.- As infraccións  clasificaranse en moi graves, graves ou leves.

 

Artigo 36.- Infraccións moi graves.- Constitúen infraccións moi graves:

 

a)      A realización de publicidade para os centros propios utilizando de forma fraudulenta o nome ou fins da Asociación.

 

b)     A pertenza simultánea a outras Asociacións cuxos fins sexan opostos aos desta.

 

c)      As agresións verbais ou físicas a outros membros da Asociación.

 

d)     A comisión de dous ou máis infraccións graves nun período de dous anos.

 

e)     O impago de calquera pago esixible e aprobado pola Asemblea.

 

Artigo 37.- Infraccións  graves.- Constitúen infraccións graves:

 

a)     As ofensas verbais a outros membros da Asociación cando non constitúan infracción moi grave.

 

b)     A perturbación grave do orden das reunións da Asemblea Xeral.  Considerarase, a efectos do disposto neste artigo, que perturban gravemente o orden da Asemblea Xeral quen, tras ser chamado ao orden polo Presidente, persistan nunha actitude obstaculizadora do exercicio dos dereitos que estes Estatutos recoñecen aos asociados.

 

c)      A demora no pago das cotas ou pagos esixibles en máis de dez días.

 

 

Artigo 38.- Infraccións  leves.- Constitúen infraccións leves:

 

a)     A perturbación do orden das reunións da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva cando non sexan constitutivas de infracción grave.

 

b)     O incumprimento de calquera das obrigas previstas nestes Estatutos cando non sexan constitutivas de infracción grave ou moi grave.

 

 

Artigo 39.- Sancións: As infraccións moi graves serán sancionadas coa expulsión ou con suspensión da condición de asociado por termo dun a cinco anos; as graves con suspensión da condición de asociado por termo dun mes e un día a un ano e as leves coa suspensión da condición de asociado de ata un mes ou con amoestación ante a Asemblea Xeral.

 

Artigo 40.- Graduación das sancións.- As sanciones  graduaranse atendendo á gravidade dos feitos, á existencia de intencionalidade ou reiteración e aos prexuízos causados.

 

Artigo 41.- Prescrición.- 1.- As infraccións moi graves prescriben aos dous anos da súa comisión, as graves ao ano e as leves aos dous meses. Os prazos de prescrición  interromperanse dende a data en que se dirixa o procedemento disciplinario contra o presunto infractor e volverán a correr dende que o procedemento quede paralizado por calquera causa, salvo que esta sexa imputable exclusivamente ao presunto infractor.

 

2.- As sanciones prescriben aos cinco años cando consistan na expulsión da Asociación, aos dous anos cando consistan en suspensión da condición de asociados por un  tempo superior a un mes e ao ano nos demais casos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Vº e Prace 

A PRESIDENTA                                                     A SECRETARIA

 

 

Fdo.Montserrat Pérez Vega.                                 Fdo. Luz Jares Fernández

 

 

TESOUREIRA

 

 

 

Fdo Lucia Fernández Jares

 

DONA. Montserrat Pérez Vega, con Documento Nacional de Identidade número 10075687P Presidnta  da Asociación

 

CERTIFICO: Que os presente Estatutos recollen as modificacións aprobadas na reunión da Asemblea Xeral de Constitución celebrada o 12  de febreiro de 2.007.

 

 

Prada, 12 de febreiro de 2.007.

 

 

 

Vº e Prace

A PRESIDENTA