XESTIÓNS LEVADAS  A CABO POLA ASOCIACIÓN NO VERÁN 2007

 

 

 

Para o ano que ven contamos seguir organizando está Romaría, pero queremos facer algunha outra actividade como irnos un día   a facer sendeirismos onde poida participar todo o mundo, tanto nenos/as como maiores, ir por exemplo a Candeda (é unha ruta de 4 horas) ou ir a Acebeda.

 

 

Gustaríanos facer unha exposición fotográfica de fotos antigas, sería interesante que a xente as mandase a páxina web ou o correo electrónico da Asociación.

 

Temos algunha idea máis , iremos informando ao longo do ano.

 

Imos facer unha conta de correo electrónico da Asociación para que os socios/as se poñan en contacto coa Xunta Directiva, e aporten ideas.

 

 

PETICIÓNS FEITAS AO CONCELLO DA VEIGA:

 

 

En canto o lixo , hai que recoller o lixo  do Santuario e pór máis contedores : un no Santuario e dous como mínimo en Prada xa que no verán duplícase a poboación .

No Campo da Feira tiraron lixo de obra e tamén habería que   recollelo.

 

Revisar o alumeado : Cambiar dúas luces e pór outras tres.

 

A necesidade de tubos para canalizar a auga de regadío.

 

Revisar os camiños do centro urbano de Prada.

 

En canto a “Escola” solicitar a súa doazón e nun futuro poder acondicionala tanto para o verán como para o inverno  para facer un local de reunión para os habitantes de Prada.

 

Arranxar a estrada que comunica Prada ca Veiga.

 

Arranxo do Santuario da Ascensión e da Igrexa de San Andrés de Prada.

 

 

 

Así mesmo pensamos que habería que arranxar o encoro onde se baña moita xente no verán.

 

 

 

Pensamos que Prada ten un potencial enorme a nivel turístico, polo que habería que arranxar os camiños para poder facer no futuro rutas de sendeirismo:

 

o        O “Camiño das Lamas” que comunica Prada co encoro. (camiño que se atopa por debaixo do cemiterio).

o        O “Camiño à faceira” que se atopa por riba do cemiterio onde se hai  uns castros.

o        O “Camiño da Molinera”, que se atopa a entrada do lugar a man dereita e que comunicaba antigamente Prada coa Veiga e que agora tan so chega ata Candeda.

o        O “Camiño da Acebeda” que comunica o encoro coa Acebeda.

o        O “Camiño a Veto” que ía ó Balneario de Veto, situado en fronte de San Fiz e que atravesa as antigas viñas de Prada.

o        O “Camiño da Ascensión” que comunica Prada co Santuario da Ascensión.

o        Arranxo do “Camiño do Pastizal”.

 

 

o        O arranxo do saneamento ( a fuga do pozo negro diante do sitio do pedáneo) no camiño que vai a Ascensión.(Dixo que estaban traballando neste asunto)

 

o        Recuperar a “ Fonte da Pinguela” que está no centro urbano de Prada ,e que está seca.(Dixo que non era cousa del que se a fonte secou, secou.)

 

o        A posibilidade de facer un “Coto de setas”.(O alcalde comentounos  que tamén estaban a estudiar a posibilidade de facer un que xa nos informarían)

 

o        Tamén lle pedimos  información sobre o “Coto de caza”.(Dixo que el non sabía nada, que o coto de caza era un ente privado e que en tal caso nos puxéramos en contacto co Presidente do Coto)

 

o         A  posibilidade de acondicionar  o “Camiño a Freixeiro” (camiño que vai do lugar ao Santuario).Dixo que habería que solicitalo a Consellería de Medioambiente.

 

o        Tamén lle  pedimos información sobre a partida de diñeiro que recibe o Concello da Veiga de Endesa polo Encoro de Prada.( Dixo que Prada non recibía ningún diñeiro  xa que Endesa so daba diñeiro polos terreos asolagados e que Prada non tiña terreo asolagado)

 

o        Sobre as casas vellas de Prada que están a caer e que son un perigo para os viandantes.(Hai que pórse en contacto cos donos e no caso que non fagan caso ou que non se localicen hai que ir a denuncialos ao Concello e eles se encargan de tiralas)